O alumnado do club de lectura de 3º e 4º ESO leu “Ocho señales. Cuestión de vida o muerte”, un libro que relata en primeira persoa a terrible experiencia de violencia machista de Noelia Míguez Vázquez.
Ons, a illa do tesouro
Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.
Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.
5/07/2025
Ocho señales
Onte Noelia visitou o Illa de Ons para transmitir ao noso alumnado os sinais que nos deben alertar ante unha posible situación de violencia de xénero e como deberiamos actuar ante eles. Contou a súa historia de maltrato sufrida con pouco menos de 20 anos, desde os primeiros desplantes ata as oito navalladas que unha noite case rematan coa súa vida, e do duro proceso de recuperación para poder vivir de novo sen medos.
Assinar:
Postagens (Atom)