Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

10/05/2017

Club de lectura curso 17/18

     Benvidos de novo a este espazo onde compartiremos as nosas experiencias lectoras con todos vós.
     No presente curso formarán parte do club uns 40 alumnos/as distribuídos en dous grupos, un con alumnado de 1º de ESO e outro con alumnado de 4º ESO, mais a participación estará aberta ao resto do alumnado que desexe unirse en calquera momento do curso escolar.



     Algunhas das actividades programadas son:

  • Lectura de textos e intercambio de ideas e opinións sobre os mesmos, tanto novelas, como teatro e poesía.
  • Lectura de novelas gráficas para fomentar a interpretación de narracións a través de imaxes.
  • Dramatización de textos teatrais e caracterización de personaxes. Actividade con maior grado de motivación para o alumnado.
  • Interpretacións sorpresa nas aulas, previo aviso ao profesor/a correspondente e contando coa autorización do mesmo/a.
  • Análise dos aspectos máis relevantes das obras en cada reunión, na que se intercambiarán impresións para apreciar os posibles matices da lectura e expoñerase a opinión persoal sobre a mesma.
  • Elaboración de hipóteses por parte do alumnado sobre a seguinte lectura a partir do título da mesma, anotar as diferentes expectativas e comparalas unha vez lida a obra.
  • Lectura en común con outro club de lectura doutro centro da localidade ou da comarca e establecer un debate aproveitando a tecnoloxía dixital.
  • Convocatoria dun concurso baseado na creación de finais alternativos a algunha obra literaria que escollan os membros do club.
  • Escolla de fragmentos representativos, á vez que atractivos, de obras nas linguas que se imparten no IES e colocación en diferentes lugares do centro para que o resto do alumnado teña que adiviñar de que obra se trata.
  • Realización de sesións de contacontos para o alumnado de Primaria dos centros adscritos e para os rapaces do propio centro.
  • Utilización das novas tecnoloxías para o seguimento das actividades que se leven a cabo desde o club.
  • Visita a algunha biblioteca e/ou libraria próximas para ver as semellanzas e diferenzas coa biblioteca do centro.
  • Creación dun mapa de lecturas recomendadas ao longo do ano: lecturas apropiadas  para cada estación,  ou para as vacacións…
  • Creación de rotas literarias establecendo libros ou pasaxes dos mesmos, así como poemas, adicados a determinados lugares do entorno do alumnado. Actividade coa aplicación AURASMA (realidade aumentada).
  • Participación no blog onde os participantes poidan comunicar as súas experiencias lectoras.
  • Asistencia a unha sesión de teatro escolar ou película relacionada coas lecturas....