Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

6/14/2021

Verdade

    O libro proposto para a seguinte lectura do club é Verdade, de Care Santos.


    Despois de ser absolto do cargo de asasinato, do que fora inxustamente acusado con 14 anos, e de demostrar a súa inocencia, Éric sae do Correccional de Menores. Con todo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos vaille resultar aínda máis dura. Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que lle parecían infranqueables, pero será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades agora?

 Antes da lectura, a coordinadora propón as seguintes preguntas:

  • Que é para ti a liberdade?
  • Se ocurrise algo que provocase a separación da túa familia e tiveses que vivir nun centro de menores, que botarías de menos? como cres que te sentirías?
  • Cres que as amizades poden influír no teu comportamento?
  • Cres que as amizades poden axudarte a solucionar os teus problemas?
  • Que diferenza cres que hai entre amigo/colega?
  • Que significan os amigos para ti?
  • Que é a convivencia para ti?