Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

1/20/2017

Opinións de 3A1 sobre "O escaravello de ouro".



     Eu creo que o comezo do libro foi moi aburrido, ata a parte no cal foron buscar o tesouro. A parte máis entretida foi cando o negro non sabía cal era a dereita e a esquerda. O libro é algo racista xa que o negro ten que facer de todo.
Óscar Gómez Brión 3ºA1

     A min paréceme que o libro é un pouco racista, xa que mándanlle ao negro facer todo dende cavar ata subir á arbore.
     Está moi ben que che fagan pensar a solución de enigma e que despois cha dean para saber se a pensaches ben.
Aarón Santaclara Novo 3ºA1

     A miña opinión sobre o libro é que o seu principio é bastante aburrido, pero cando comenza o desenvolvemento empezoume a entreter. A historia pareceume discriminatoria, xa que abusan demasiado do pobre Xúpiter, coma cando tivo que subir á árbore na busca do tesouro.
Daniel Hermelo Rosales 3ªA1

     A miña opinión sobre o conto é que non me gustou moito porque ao principio é dificil de ler pero logo, a medida que avanza a historia é mais  entretida. Tamén penso que é  racista, por como tratan o axudante, que é negro. Podían poñer un enigma máis fácil de descifrar.
Lucía López Pastoriza 3ºA1

     O relato é moi pequeno e parece un resumo. Ao principio o libro está soso, pero pola metade ponse interesante .O relato  é malo e non o recomendo, sobre todo porque ao negro non se lle entende a veces.
Miguel Piedras Santomé 3ºA1

     O relato pareceume aburrido, case ata o final, onde o entendín todo. O Inicio foi algo abrupto, porque non nos introduciu na historia,como debería ter feito. A mellor parte, na miña opinión foi cando explicaron todo o asunto de como puideron atopar o tesouro, seguindo as diferentes pistas.
José Luis Paz Lobeira 3ºA1

     Sobre o relatao  “O escarabello de ouro” opino que o principio do libro non é moi entretido. O final do libro é o máis interesante, concretamente as páxinas nas que conta que buscan o tesouro, e cando Xúpiter falla ao tirar o escarabello, xa que non sabía cal era a esquerda  ou a dereita, dado a que non recibira educación.
Lucía Nogueira Leal 3ºA1