Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

3/25/2021

A guerra esperada no Día dos Bosques

 O noso Club de Lectura estivo centrado estas semanas na lectura de Moita xente pequena, de Gustavo Duch; en concreto no relato A guerra esperada.

     Os alumnos e alumnas leron o conto e, sen entregarlles o final, tiveron que imaxinar de que tipo de bombas falaba a historia e posibles finais para esta. Despois de aportar todos e todas a súa versión, lemos o final e comentámolo. Acordamos que cada membro do club plantaría unha semente na súa casa e, cando esta xerminase, traeriámola para plantala no horto que comezamos a recuperar no noso centro. Hoxe, para conmemorar o 21 de marzo Día dos Bosques e Día da Poesía, plantamos a nosa semente e identificamos os nosos exemplares con pequenos carteis cos nosos nomes.



A guerra esperada. Ilustracións de Sara Plaza e voz de Vicky Peña 

Pol · len edicións