Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

4/30/2021

O principiño e o asteroide de ferralla

     A coordinadora do club, Montse Villar, seleccionou como nova lectura O principiño e o asteroide de ferralla, unha pequena peza teatral do autor Xavier Frías Conde. Antes da lectura da obra traballouse a imaxe de O Principiño de Saint-Exupéry para, despois, falar dos elementos dunha obra de teatro.  Comentamos o significado da obra, a imaxe da ferralla no espazo, a contaminación na que vivimos e a figura do principiño como fío condutor do texto.

     Para completar a actividade convidamos ao autor a visitar o noso centro.  Xavier Frías falounos da súa obra infantil e xuvenil e conversou co alumnado, resolvendo todas as súas dúbidas. Foi unha xornada literaria moi enriquecedora na que participaron os cursos de 1º de ESO e o alumnado de 2º ESO que forma parte do club de lectura.