Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

6/03/2021

Club de lectura con Montse Villar

      As pasadas semanas, o club de lectura centrou a súa actividade arredor da obra poética da súa coordinadora, Montse Villar. Montse, ademais de profesora de Lingua e Literatura Castelá, é unha grande poeta, licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Portuguesa, profesora tamén de ELE (Español como Lingua Estranxeira), autora de materiais e manuais didácticos, conferenciante e formadora de profesores, tradutora de autores portugueses, colaboradora en blogues e encontros literarios...


       Montse falounos dos distintos temas que aborda nos seus poemas, comentounos algunhas experiencias vividas nas charlas e obradoiros que impartiu polo mundo adiante e contou anécdotas dos seus múltiples encontros literarios. Ademais de lernos algúns dos seus textos, os alumnos e alumnas seleccionaron os que máis lles sorprenderon, explicando a continuación a autora a orixe deles. Tamén amosou algúns dos seus poemas obxecto e animou ao alumnado a crear outros para as vindeiras xuntanzas.


Moitas grazas por todo, Montse!

Nenhum comentário: