Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

11/24/2021

Encontro literario con Montse Villar

     A pasada semana, a escritora Montserrat Villar González, visitou o noso centro para explicar a súa obra "Somos rama. Amar somos". O alumnado de 4º ESO A e 4º ESO B, en dúas sesións distintas na biblioteca, tivo a ocasión de comentar coa autora algúns dos poemas traballados previamente na clase de Lingua Castelá coa profesora Marisa Mallo. Montserrat Villar escoitou a interpretación que os rapaces e rapazas fixeron dos seus poemas e explicou as ideas que quixera transmitir neles e o contexto no que os creaba. Durante a actividade, a autora conseguiu crear un clima de colaboración co alumnado, cun ton sinxelo e unha grande naturalidade que propiciou a complicidade de todos os asistentes.


Moitas grazas pola túa visita, Montse!

6/14/2021

Verdade

    O libro proposto para a seguinte lectura do club é Verdade, de Care Santos.


    Despois de ser absolto do cargo de asasinato, do que fora inxustamente acusado con 14 anos, e de demostrar a súa inocencia, Éric sae do Correccional de Menores. Con todo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos vaille resultar aínda máis dura. Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que lle parecían infranqueables, pero será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades agora?

 Antes da lectura, a coordinadora propón as seguintes preguntas:

  • Que é para ti a liberdade?
  • Se ocurrise algo que provocase a separación da túa familia e tiveses que vivir nun centro de menores, que botarías de menos? como cres que te sentirías?
  • Cres que as amizades poden influír no teu comportamento?
  • Cres que as amizades poden axudarte a solucionar os teus problemas?
  • Que diferenza cres que hai entre amigo/colega?
  • Que significan os amigos para ti?
  • Que é a convivencia para ti?

6/03/2021

Club de lectura con Montse Villar

      As pasadas semanas, o club de lectura centrou a súa actividade arredor da obra poética da súa coordinadora, Montse Villar. Montse, ademais de profesora de Lingua e Literatura Castelá, é unha grande poeta, licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Portuguesa, profesora tamén de ELE (Español como Lingua Estranxeira), autora de materiais e manuais didácticos, conferenciante e formadora de profesores, tradutora de autores portugueses, colaboradora en blogues e encontros literarios...


       Montse falounos dos distintos temas que aborda nos seus poemas, comentounos algunhas experiencias vividas nas charlas e obradoiros que impartiu polo mundo adiante e contou anécdotas dos seus múltiples encontros literarios. Ademais de lernos algúns dos seus textos, os alumnos e alumnas seleccionaron os que máis lles sorprenderon, explicando a continuación a autora a orixe deles. Tamén amosou algúns dos seus poemas obxecto e animou ao alumnado a crear outros para as vindeiras xuntanzas.


Moitas grazas por todo, Montse!

5/26/2021

22 segundos

 Hai uns días, unha parte do alumnado de 3º ESO reuniuse na biblioteca para debater sobre distintos aspectos do libro 22 segundos, de Eva Mejuto. Xoán Rodríguez, profesor de Lingua Galega e Literatura, actuou como moderador desta actividade na que participaron Pedro, Zulema, Pablo, Víctor, Lois, Manuel, Breixo, Noemí, Brais, Noel, Fran e Álex. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.


 Ficha do libro publicado por XERAIS


O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.

5/20/2021

Xela

     Esta semana traballamos no club de lectura co libro de Xela Arias Non te amola!, ilustrado por Luz Beloso, que supón a súa primeira achega ao mundo da narrativa.

   “Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro"

5/06/2021

Poemas para dibujar en voz alta

     Durante estas pasadas semanas, o club de lectura traballou co libro Poemas para dibujar en voz alta, de Gabriela Zárate Carrió, unha colección de poemas do cotiá que convidan ao lector a pintalos e titulalos: a bicicleta,  a familia, as diferenzas... 


Escolléronse seis poemas que os alumnos e alumnas leron e ilustraron, debuxos que foron enviados á propia autora. Onte tivemos o pracer de conversar con ela a través dunha videoconferencia, durante a cal transmitiu aos rapaces as súas inquedanzas literarias e sociais e completou comentando algún dos poemas do libro. Os alumnos e alumnas leron en voz alta os seus poemas preferidos e agradeceron a amabilidade da poeta.

     Deixámosvos con algunhas imaxes desta conexión.


4/30/2021

O principiño e o asteroide de ferralla

     A coordinadora do club, Montse Villar, seleccionou como nova lectura O principiño e o asteroide de ferralla, unha pequena peza teatral do autor Xavier Frías Conde. Antes da lectura da obra traballouse a imaxe de O Principiño de Saint-Exupéry para, despois, falar dos elementos dunha obra de teatro.  Comentamos o significado da obra, a imaxe da ferralla no espazo, a contaminación na que vivimos e a figura do principiño como fío condutor do texto.

     Para completar a actividade convidamos ao autor a visitar o noso centro.  Xavier Frías falounos da súa obra infantil e xuvenil e conversou co alumnado, resolvendo todas as súas dúbidas. Foi unha xornada literaria moi enriquecedora na que participaron os cursos de 1º de ESO e o alumnado de 2º ESO que forma parte do club de lectura.




3/25/2021

A guerra esperada no Día dos Bosques

 O noso Club de Lectura estivo centrado estas semanas na lectura de Moita xente pequena, de Gustavo Duch; en concreto no relato A guerra esperada.

     Os alumnos e alumnas leron o conto e, sen entregarlles o final, tiveron que imaxinar de que tipo de bombas falaba a historia e posibles finais para esta. Despois de aportar todos e todas a súa versión, lemos o final e comentámolo. Acordamos que cada membro do club plantaría unha semente na súa casa e, cando esta xerminase, traeriámola para plantala no horto que comezamos a recuperar no noso centro. Hoxe, para conmemorar o 21 de marzo Día dos Bosques e Día da Poesía, plantamos a nosa semente e identificamos os nosos exemplares con pequenos carteis cos nosos nomes.



A guerra esperada. Ilustracións de Sara Plaza e voz de Vicky Peña 

Pol · len edicións

3/10/2021

Caradeamapola y el palo de lluvia

     O pasado luns 8 de marzo, entre as actividades dedicadas a conmemorar o Día Internacional da Muller, contamos coa visita de Nela Escribano, contacontos e escritora que tras relatar ao noso alumnado de 1º ESO a historia de Caradeamapola y el palo de lluvia, ensinoulles como fabricar o seu propio pau de chuvia.

"Caradeamapola era una niña como todas las niñas de su edad. Tenía ochenta y cuatro lunas llenas y cuatro cuartos crecientes. Le gustaba oler las flores en primavera, meter los dedos en el agua cuando estaba fría porque parecía que sus manos eran mágicas y sus dedos se doblaban solos. Era muy risueña y siempre estaba colorada porque era muy tímida..."

 Escoita ou le o relato de novo

 

3/09/2021

La guerra esperada

   Na seguinte actividade do club traballaremos sobre o relato "La guerra esperada", recollido no libro "Mucha gente pequeña", de Gustavo Duch. 

     Os alumnos e alumnas lerán o conto, sen entregarlles o final, e terán que decidir que tipo de bombas son, finais posibles da historia… Despois de que todos/as dean a súa versión, lerase o final e comentarase. 

     Como traballo persoal pensaremos en situacións nas que se dá por coñecido un final e tentaremos cambialo para comprobar como mudaría a nosa percepción do mundo.

3/06/2021

8M. As nosas heroínas nos contos clásicos

     O club de lectura do IES Illa de Ons participou nas actividades organizadas para conmemorar o 8M,  Día Internacional da Muller, montando unha exposición coa reinterpretación que cada un e unha fixo a partir dun conto clásico.








2/13/2021

Helena y la varita-lápiz

Traballo previo: pedir a cada un dos asistentes que, individualmente ou en grupo, pensen nalgún conto clásico infantil e que expliquen cal é o papel da muller en leste.
Lectura: "Helena y la  varita lapis"
Coloquio: comentar sobre o papel da muller nos contos tradicionais e, actualmente, nos videoxogos e as cancións de  reguetón (buscar algunha canción).
Traballo final:  DECONSTRUIR HISTORIAS: Cada participante, individual ou  grupalmente, busca algunha historia tradicional para posteriormente reescribila, dando dignidade á figura feminina. Tamén se pode facer a través dun cómic, canción ou o  guion dun videoxogo.

 


 HELENA Y LA VARITA-LÁPIZ 

En un lugar muy lejano y desconocido para nosotros, donde siempre era primavera y los niños jugaban en la calle con una varita mágica cambiando el aspecto físico de las cosas, vivía una sonriente y guapísima niña que se llamaba Helena.

Ella también poseía su varita mágica, pero a diferencia de los demás niños la utilizaba, no para cambiar el aspecto físico de las cosas, sino para cambiar, podríamos decir, su historia. Me explico: Helena había descubierto que le gustaba inventar historias y, en un país en que no era costumbre escribir y contar leyendas, a ella le apetecía, no se sabe por qué extraña razón, escribir y escribir sin parar. Con la varita había encontrado miles de libros infantiles que todos conocemos y había podido llegar a ver cosas del futuro que en su país ignoraban y jugaba a mezclar tiempos y mundos diferentes. Su mayor sorpresa fue cuando descubrió un libro que contaba la Batalla de Troya y conoció el significado de su nombre y la capacidad de los hombres para inventar artilugios que pudieran cambiar el destino.

Y comenzó a escribir como habían escrito todos esos autores que ella leía. Para esto, en un país en que no había muchos lápices ni papel, porque nadie los necesitaba, ella había hecho que el palo de su propia varita se convirtiera en un lápiz afilado que nunca se gastaba y que una de las cortinas de su casa, cuando ella lo necesitaba, se transformara en una especie de cuaderno que se enrollaba y desenrollaba y sobre el que ella escribía.

A veces sus amigos no entendían por qué no salía con ellos continuamente a jugar, a convertir a los sapos en pájaros o a las flores en grandes árboles para que reconocieran la primera luz del sol. La verdad es que les resultaba extraño entender que Helena prefiriera quedarse en la sombra de su habitación, ¿qué podía hacer allí?

Pero Helena había encontrado su mejor entretenimiento en leer cuentos y cambiarlos a su antojo con todos los conocimientos del futuro que ella había aprendido. Así consiguió que la madrastra de Blanca Nieves recibiera un regalo endemoniado: un espejo con 10 aumentos que le mostró todas las mentiras que su “espejo, espejito mágico” le había contado. Sí, un día se asomó a ese extraño espejo y vio todas sus arrugas y el reflejo en sus ojos de todo el daño que había causado a su reino y a su familia y vivió martirizada para siempre. En esa misma historia, Blanca Nieves, que todos sabemos que vivía con los Siete Enanitos, había sumado a su equipo de pequeños seres a uno más, un robot llamado R2D2 cuyo tamaño no era mayor que el de sus amigos Enanos pero que permitía que Blanca Nieves estuviera en continua comunicación con su padre a través de unas imágenes (hologramas) que R2D2 proyectaba y que los dos (padre e hija) decidieran que el mejor sitio para crecer fuera esa cabaña con sus amiguitos. Allí Blanca Nieves, se dedicaba a estudiar leyes, humanidades, psicología, justicia social, historia… para ser, en el futuro, una Reina ecuánime, sin necesidad de pensar en que un Príncipe pudiera salvarla porque ella se había salvado solita. Tenía toda la información del mundo a su alcance, ya que entre el robot, los enanitos y ella habían construido un ordenador para acceder a ella. Ellos eran los que habían mandado el espejo a la malvada bruja y sabían que el Rey, después de que la bruja se hubiera mirado, estaba más tranquilo y conocía todo lo sucedido antes y después de que la bruja se empezara a marchitar. Además, Blanca Nieves había encontrado, durante tantas horas de investigación, a otros personajes de cuentos infantiles que, como ella, podían cambiar su vida: Cenicienta, Hansel y Gretel, Caperucita,… y entre todos, habían creado La Liga de Héroes de Cuentos Infantiles para cambiar sus historias y las de otros personajes de narraciones que no eran felices. Hansel y Gretel nunca llegaron a la casa de la bruja porque señalaron el camino con coordenadas GPS de un teléfono móvil que les construyó Blanca Nieves antes de que salieran de su casa. La bruja que pensaba comérselos se aburrió tanto de esperarlos que salió volando en su escoba y nunca más se supo de ella.

1/23/2021

Xuntanza dos clubs de lectura

 Despois da primeira toma de contacto dos membros do club de lectura de 1º e 2º ESO o día 14 de xaneiro, o pasado xoves tivemos outra xuntanza na que dou comezo a primeira proposta do ano, centrada na reflexión sobre o papel das mulleres nos contos infantís. A coordinadora do club, a profesora de Lingua e Literatura Castelá Montse Villar, propuxo a cada un dos asistentes que pensasen nalgún conto clásico infantil e que explicasen o papel da muller neles. A continuación comezamos unha lectura compartida do conto "Helena y la varita-lápiz", escrita pola propia coordinadora do club, e fomos analizando distintos aspectos do texto.

3/05/2020

Farsa Plautina


    A lectura seleccionada para o club de lectura de 3º ESO neste trimestre é a o obra Farsa Plautina, de Agustín Magán. Esta obra sérvenos, un ano máis, como introdución a La Celestina, cuio 1º auto está baseado, entre outros, nas obras de Plauto. Farsa Plautina é unha obra feita a partir de motivos e rasgos argumentais recollidos de seis obras de Plauto, polo que presenta unha visión xeral da vitalidade de produción deste autor: a vida das clases altas e baixas, a crítica social, a parodia, os equívocos sociais, etc.

1/10/2020

Os nenos da varíola

     Comezamos o ano coa lectura da obra "Os nenos da varíola", de María Solar, a historia dun grupo de nenos sacados de diferentes hospicios que, formando parte da Expedición do doutor Balmis, cruza o Atlántico coa vacina da varíola. Neste percorrido a figura de Isabel Zendal xogará un papel determinante. 


     Unha vez rematada a lectura, intercambiaremos ideas e reflexións sobre o libro e falaremos da historia real desta expedición e de Isabel Zendal, toda unha pioneira para a súa  época. 

12/20/2019

El tamaño no importa. Textos breves de aquí y de ahora.

     Durante estas semanas, nos clubs de lectura dos distintos niveis, estivemos a ler varias pezas teatrais breves incluídas nos distintos volumes da colección "El tamaño no importa. Textos breves de aquí y de ahora." Desde 2011 a Asociación de Autores de Teatro vén publicando un volume por ano desta colección de textos teatrais breves, dedicado ao público novo.

11/26/2019

Primeiras actividades do club

     Durante as primeiras xuntanzas dos clubs de 1º ESO fixemos varias actividades parateatrais, destinadas a preparar ao alumnado para as lecturas deste curso. Inventamos varias pezas dramáticas para representar en grupos de 3, 4 ou 5 alumnos/as, que debían executar escenas sen palabras de entre 5 e 10 minutos, para que o resto do grupo acertase a contar o que alí ocorrría. 
     Como esta actividade foi do agrado de todos os participantes, na seguinte xuntanza repetimos a experiencia nos grupos de 1º ESO e, visto o éxito desta proposta, tamén foi realizada nas dúas primeiras xuntanzas dos clubs de 2º ESO e 3º ESO.

10/15/2019

Clubs de lectura 19/20

Benvidos/as un ano máis ao blog onde imos subindo as novas sobre os nosos clubs de lectura. Este curso uns 75 alumnos/as distribuídos en grupos de distintos niveis educativos formarán parte dos clubs de lectura: tres con alumnado de 1º de ESO (12 alumnos/as por grupo), dous con alumnado de 2º ESO (10 alumnos/as por grupo), un con alumnado de 3º ESO (10 alumnos/as por grupo) e outro con alumnado de 4º ESO (8 alumnos/as por grupo). A participación estará aberta ao resto do alumnado para todas as actividades complementarias. 
A coordinadora dos clubs será Lourdes Garrido Campos, profesora do departamento de Lingua Castelá e Literatura, e con ela colaborarán Xoán Xosé Rodríguez Rivas, profesor de Lingua Galega e Literatura; Marisa Mallo Camaño, profesora do departamento de Lingua Castelá; Xosé Antón Guitián Fernández, profesor de Pedagoxía Terapéutica e director do centro e Literatura e Olalla García San León, profesora de Educación Plástica e Visual e coordinadora do equipo da Biblioteca. Así mesmo, profesorado doutros departamentos e persoal non docente do noso centro ofrecen a súa axuda para colaborar en diferentes propostas. 
As actividades inicialmente programadas son as seguintes:
  • Lectura de textos, especialmente dramáticos (fundamentalmente en lingua galega) e intercambio de ideas e opinións sobre os mesmos.
  • Lectura de textos relacionados coa natureza co fin de facer saídas e actividades na nosa contorna: avistamento de aves, recoñecemento do canto, animais en perigo de extinción…
  • Colaboración cos centros da vila para a celebración da III Feira de Ciencia e Literatura.
  • Lectura de novelas gráficas para fomentar a interpretación de narracións a través de imaxes.
  • Dramatización de textos teatrais e caracterización de personaxes, actividade con maior grado de motivación para o alumnado.
  • Análise dos aspectos máis relevantes das obras en cada reunión, na que se intercambiarán impresións para apreciar os posibles matices da lectura e expoñeranse as opinións persoais sobre a mesma.
  • Elaboración de hipóteses por parte do alumnado sobre a seguinte lectura a partir do título da mesma, anotación das diferentes expectativas e comparación destas unha vez lida a obra.
  • Lectura en común con outro club de lectura doutro centro da localidade ou da comarca para o establecemento dun debate aproveitando a tecnoloxía dixital. As reunións con estes clubs celebraranse, igual que o curso pasado, no noso centro, en horario de club de lectura.
  • Convocatoria de dous concursos literarios de relatos (un en galego e outro en castelán) en colaboración coa ANPA.
  • Escolla de fragmentos representativos, á vez que atractivos, de obras nas linguas que se imparten no IES e colocación en diferentes lugares do centro para que o resto do alumnado teña que adiviñar de que obra se trata.
  • Realización de sesións de contacontos para o alumnado de Primaria dos centros adscritos e para os rapaces do propio centro.
  • Utilización das novas tecnoloxías para o seguimento das actividades que se leven a cabo desde o club.
  • Charla con distintos profesores e personalidades de Bueu sobre a súa experiencia vital coa lectura.
  • Petición a persoas pertencentes á comunidade educativa (profesores/as e persoal non docente) para que lles empresten o libro que máis lles gustou sendo adolescentes e promover un concurso onde teñan que investigar, a través de pistas, a quen pertence.
  • Participación no blog onde os participantes poidan comunicar as súas experiencias lectoras.
  • Asistencia a unha sesión de teatro escolar, recital poético ou película relacionada coas lecturas.

7/01/2019

Lecturas para o verán


     A coordinadora do club adquiriu, a comezos do mes de xuño, unha serie de libros para ler este verán e tantealos como posibles lecturas para os clubs do vindeiro curso. Todos eles tratan diferentes aspectos relacionados co mundo natural que nos rodea.

Cartas a un mozo científico 

Wilson, Edward O.

Edward O. Wilson aconsella aos investigadores presentes e futuros, e comparte a súa sabedoría coas novas xeracións de científicos a través de anécdotas autobiográficas que forxaron a súa carreira como científico.

Os últimos nenos no bosque

Luov, Richard

Acampar no xardín, andar en bicicleta polo bosque, rubir ás árbores, recoller insectos, recoller flores silvestres, correr entre pilas de follas de outono... Estas son as cousas das que están feitos os recordos de infancia. Os últimos nenos no bosque é o primeiro libro que reúne investigacións de vangarda que demostran que a exposición directa á natureza é esencial para un desenvolvemento infantil san: físico, emocional e espiritual.

O sentido do asombro 

Carson, Rachel

"Para manter vivo nun neno o seu innato sentido do asombro, necesítase a compaña de polo menos un adulto con quen poder compartilo, redescubrindo con el a alegría, a expectación e o misterio do mundo en que vivimos".

A banda da tenaza 

Abbey, Edward

Algo que lles indigna, ver o magnífico deserto do Oeste norteamericano desfigurado polas grandes companías industriais. Por iso, os catro rebeldes protagonistas deciden plantarlle cara á "gran máquina" e facer unha persecución de todo aquilo que pretendidamente chaman "civilización" e que non fai outra cousa que subverter "a orde natural" das cousas. Sen dúbida, unha denuncia dos excesos do mundo das corporacións industriais e do consumismo, un canto á natureza e un himno á desobediencia civil.

A historia natural de Selborne 

White, Gilbert

A finais do século XVIII, o cura anglicano Gilbert White, un home tranquilo que dedicou a maior parte do seu tempo para estudar a vida e as conversacións dos animais, publica unha serie de cartas nas que describe o mundo natural que ten ao seu ao redor.

A vida do pastor. A historia dun home, un rabaño e un oficio eterno

Rebanks, James

A vida do pastor é un cautivante relato sobre o oficio da familia Rebanks, pero sobre todo é un libro que fala da tradición, as raíces e o sentimento de pertenza, tan deostado nesta era de innovación e mobilidade constante, onde o cambio permanente parece imprescindible e sempre é benvido.

O clamor dos bosques 

Powers, Richard

Se as árbores puidesen falar, que dirían?
Un xefe de carga das Forzas Aéreas en Vietnam sae disparado polo ceo e sálvase ao caer sobre un baniano. Un artista herda cen anos de retratos fotográficos, todos do mesmo castiñeiro americano maldito. Unha universitaria trouleira electrocútase a finais dos oitenta, morre e regresa á vida grazas a unhas criaturas de aire e luz. Unha científica con problemas de oído e de fala descobre que as árbores comunícanse entre si. Estes catro personaxes e outros cinco descoñecidos máis, todos eles convocados polas árbores de diferentes modos, reúnense nunha última e violenta batalla para salvar os poucos acres de bosque virxe que quedan no continente americano.

Soños árticos 

Lopex, Barry

Unha cegadora paisaxe hostil de xeo que é fogar de millóns de animais e persoas; escenario de migracións masivas por terra, mar e aire; e escenario de épicas viaxes exploratorios. Soños Árticos non só é o relato dunha viaxe inesquecible, onde os perigos e belezas do Ártico danse a man, senón tamén un minucioso exame sobre as xentes, a fauna e a flora que habitan un lugar pouco coñecido aínda.

Alá lonxe e tempo atrás 

W. H. Hudson

Alá lonxe e tempo atrás é un fermoso libro de memorias no que o autor evoca os anos da súa infancia en Arxentina. Páxina a páxina, Hudson conta os seus paseos polas pampas, a vida dos gauchos, os pintorescos personaxes cos que se cruzou, as aventuras vividas entre os animais e as plantas das chairas, o seu amor pola súa nai e a enfermidade que acabou inesperadamente co paraíso perdido da infancia.

6/30/2019

Excursión dos clubs de lectura

O pasado xoves foron de excursión a Ourense os participantes nos clubes de lectura de 1º, 2º e 3º ESO, acompañados polas profesoras Lourdes Garrido e Olalla García.


     A nosa primeira parada foi Celanova. Alí percorremos o conxunto arquitectónico do Mosteiro de San Salvador, facendo breves altos nalgúns dos espazos para recitar versos de Celso Emilio Ferreiro. 

     No mosteiro un guía explicounos con detalle a historia das distintas construcións: os claustros, a igrexa do século XVII (o retablo, o coro baixo, o órgano), a capela San Miguel... Na igrexa descubrimos que a profe Lourdes Garrido, coordinadora dos clubs de lectura, provén dunha familia de artistas, coñecidos como "Os escultores de Parderrubias", e que no seu taller de escultura relixiosa construíron algunhas das pezas que hoxe atopamos na igrexa. Dúas das cousas que  máis nos impresionaron foron a capela mozárabe de San Miguel (declarada monumento nacional en 1923) e a Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, que ten o seu espazo físico na antiga biblioteca dos monxes do  “Claustro do Poleiro”. A biblioteca conta cunha interesante exposición, organizada dentro da campaña Voces de Muller, con escolmas de mulleres célebres en diversos ámbitos (literatura, ciencia, política, artes escénicas...).


     O noso seguinte destino foi Allariz, onde paramos a comer e a darnos uns chapuzóns no río Arnoia, aínda que moita calor non ía. Algunha tamén aproveitou para botar unha sestiña...


     Para finalizar a nosa viaxe e relaxarnos un pouco fomos ás termas de Outariz, situadas á beira do río Miño, en Ourense. Alí estivemos a remollo nas distintas pozas de auga fría e quente.
 

     Para o vindeiro curso repetimos!!!!