Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

11/28/2025

El curioso indidente del perro a medianoche

 


Para a 1ª xuntanza do club de lectura de 3º ESO seleccionamos a obra El curioso incidente del perro a medianoche, a partir da cal se realizaron diferentes actividades de comprensión, reflexión e expresión creativa. O alumnado participou nun debate inicial no que se comentaron as primeiras impresións sobre a narración e sobre a forma de percibir o mundo a través do protagonista.

Posteriormente, realizouse unha actividade de empatía na que se analizaron situacións da vida cotiá desde a perspectiva do personaxe principal, o que permitiu reflexionar sobre a diversidade e as distintas formas de interpretar a realidade. Desenvolvéronse tamén debates sobre a confianza e as relacións familiares, que xeraron un interesante intercambio de opinións entre o alumnado. 

Finalmente, realizouse unha posta en común de fragmentos significativos, o que permitiu compartir as distintas interpretacións do alumnado.