Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

5/06/2021

Poemas para dibujar en voz alta

     Durante estas pasadas semanas, o club de lectura traballou co libro Poemas para dibujar en voz alta, de Gabriela Zárate Carrió, unha colección de poemas do cotiá que convidan ao lector a pintalos e titulalos: a bicicleta,  a familia, as diferenzas... 


Escolléronse seis poemas que os alumnos e alumnas leron e ilustraron, debuxos que foron enviados á propia autora. Onte tivemos o pracer de conversar con ela a través dunha videoconferencia, durante a cal transmitiu aos rapaces as súas inquedanzas literarias e sociais e completou comentando algún dos poemas do libro. Os alumnos e alumnas leron en voz alta os seus poemas preferidos e agradeceron a amabilidade da poeta.

     Deixámosvos con algunhas imaxes desta conexión.