Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

11/13/2017

Historia de una escalera

     

     A primeira lectura do noso club será a obra de teatro de Antonio Buero Vallejo Historia de una escalera (1948). O libro está estruturado en tres actos nos que van aparecendo e desaparecendo personaxes que dialogan e discuten ao longo da obra. Os tres actos van directamente relacionados, cunha separación de dez anos entre o primeiro e o segundo e de vinte o terceiro, nos que a permanencia e desenvolvemento dalgúns personaxes dá unidade ao relato.
     
     Como actividade complementaria faremos unha lectura dramatizada con caracterización de personaxes incluída.