O libro proposto para a seguinte lectura do club é Verdade, de Care Santos.
Despois de ser absolto do cargo de asasinato, do que fora inxustamente acusado con 14 anos, e de demostrar a súa inocencia, Éric sae do Correccional de Menores. Con todo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos vaille resultar aínda máis dura. Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que lle parecían infranqueables, pero será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades agora?
Antes da lectura, a coordinadora propón as seguintes preguntas:
- Que é para ti a liberdade?
- Se ocurrise algo que provocase a separación da túa familia e tiveses que vivir nun centro de menores, que botarías de menos? como cres que te sentirías?
- Cres que as amizades poden influír no teu comportamento?
- Cres que as amizades poden axudarte a solucionar os teus problemas?
- Que diferenza cres que hai entre amigo/colega?
- Que significan os amigos para ti?
- Que é a convivencia para ti?
Nenhum comentário:
Postar um comentário