O club de lectura do IES Illa de Ons participou nas actividades organizadas para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, montando unha exposición coa reinterpretación que cada un e unha fixo a partir dun conto clásico.
Ons, a illa do tesouro
Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.
Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário