A coordinadora do club, Montse Villar, seleccionou como nova lectura O principiño e o asteroide de ferralla, unha pequena peza teatral do autor Xavier Frías Conde. Antes da lectura da obra traballouse a imaxe de O Principiño de Saint-Exupéry para, despois, falar dos elementos dunha obra de teatro. Comentamos o significado da obra, a imaxe da ferralla no espazo, a contaminación na que vivimos e a figura do principiño como fío condutor do texto.
Para completar a actividade convidamos ao autor a visitar o noso centro. Xavier Frías falounos da súa obra infantil e xuvenil e conversou co alumnado, resolvendo todas as súas dúbidas. Foi unha xornada literaria moi enriquecedora na que participaron os cursos de 1º de ESO e o alumnado de 2º ESO que forma parte do club de lectura.
Nenhum comentário:
Postar um comentário