Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

1/10/2020

Os nenos da varíola

     Comezamos o ano coa lectura da obra "Os nenos da varíola", de María Solar, a historia dun grupo de nenos sacados de diferentes hospicios que, formando parte da Expedición do doutor Balmis, cruza o Atlántico coa vacina da varíola. Neste percorrido a figura de Isabel Zendal xogará un papel determinante. 


     Unha vez rematada a lectura, intercambiaremos ideas e reflexións sobre o libro e falaremos da historia real desta expedición e de Isabel Zendal, toda unha pioneira para a súa  época. 

Nenhum comentário: