Estudantes de 1º de ESO de Lingua Portuguesa participaron en
maio nunha actividade organizada polo club de lectura por volta dos libros que
até o de agora foran adquiridos para este departamento e outros títulos
adquiridos nese mes polo propio club.
A actividade tivo un carácter máis distendido do que o club de lectura en galego, posto que, malia a identidade lingüística, o alumnado non ten desenvolvido aínda moita habilidade para a lectura de textos longos, que por veces se complican a causa de determinado vocabulario ou expresións que non son coñecidas no galego.
Tratábase de organizar un tempo e un espazo para gozaren coa lectura, polo que a actividade celebrouse na biblioteca e consistiu na lectura individual de diferentes títulos para logo a seguir pór en común o que viñan de ler, se lles gustara ou non e se o recomendarían a outra persoa. Entre os títulos encontrábanse novelas curtas, relatos, banda deseñada e mesmo libros de troquelados para encontraren respostas a preguntas, do estilo “O libro dos por que”.

Títulos seleccionados:
·
"O gato Malhado e a Andorinha Sinhá " de Jorge Amado.
·
"A maior flor do mundo" de
José Saramago.
·
"Tintín na América" de
Hergé.
·
"Tintin - Voo 714 para Sidney" de Hergé.
·
"O Dragão" de Luísa Ducla
Soares.
·
"História de uma baleia branca" de Luis Sepúlveda.
·
"O Homem Que Plantava Árvores" de Jean Giono.
·
"Bichos" de Miguel Torga.
·
"E a Montanha Cantará para Ti" de Cosey.
·
"A história do Pedrito Coelho" de Beatrix Potter.
·
"Espreita - Perguntas e Respostas sobre..." de Porto Editora.
·
"Espreita a História de Portugal" de Porto Editora.
Nenhum comentário:
Postar um comentário