O pasado venres, unha parte do alumnado de 1º ESO do club de lectura
"Ons, a illa do tesouro" gozamos dunha nova xornada de xogos e lecturas.
Nesta ocasión recibimos a visita do alumnado de 6º do CEIP Ardán que
viñeron acompañados do seu titor José Ángel. Coma noutras ocasións
comemos todos xuntos e
logo xogamos no patio aos xa coñecidos "Bull-dog" e "Catapún, chimpún".
Na biblioteca, Telmo e David substituíron a Antía e Carla nos papeis da
peza teatral que viñan representando nas anteriores xornadas do club de
lectura compartido. Despois, algúns alumnos e alumnas de 1º ESO leron a
obra teatral "Misterio no Instituto", creada pola profesora Lourdes
Garrido. No seguinte vídeo podedes ver o resumo destas actividades.
Ons, a illa do tesouro
Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.
Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário