Tras a lectura da obra lanzáronse as seguintes preguntas sobre a obra para establecer un debate:
- Que parte do libro che pareceu máis dura?
- Se puideses falar con Adeline, que lle dirías?
- Cres que é importante contar historias como esta? Por que?
- Que valores transmite a historia de Adeline?
Propúxose ao alumnado analizar os movementos forzados da protagonista e comprender a realidade dos exilios, localizando nun mapa todos os lugares polos que pasou Adeline e investigar brevemente sobre os campos de concentración franceses, o papel das mulleres refuxiadas, ou a represión franquista. Tamén falamos sobre o papel das mulleres na medicina durante o século XX, e como Adeline, como profesional da saúde, rompe estereotipos da súa época.
Nenhum comentário:
Postar um comentário