Os alumnos e alumnas de 1º da ESO inscritos no Club de Lectura leron este trimestre O segredo de Al’eume, de Pilar Ortega Pereiro, obra gañadora no IV Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Nunha xuntanza organizada a semana pasada na biblioteca, compartiron coa autora as súas opinións sobre este entretido libro e o alumnado do club aproveitou para facerlle preguntas acerca dalgunhas das historias e personaxes que aparecen nel, ademais doutras curiosidades sobre a súa actividade como escritora.
Ons, a illa do tesouro
Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.
Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário