O alumnado de 2º ESO comezará a ler Corredora, unha novela xuvenil da autora María Reimóndez que trata a historia de Genet Mullugueta, unha nena etíope á que lle encanta correr pola montaña. A fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a
súa nai a pedir esmola nas rúas da cidade.
Alí coñece a Abebe, un médico e
voluntario da federación de atletismo que lle propón adestrarse e cambiar a súa vida por completo.
Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a
tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as
crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades.
Como actividade complementaria á lectura, e en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convidaremos a María Reimóndez para comentar a obra e falar das súas experiencias co proxecto Implicadas no Desenvolvemento, a ONG galega que fundou en 1998 e da que foi presidenta durante varios anos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário