Ons, a illa do tesouro
Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.
Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.
12/23/2022
Os abrazos do mar
Desafío Naturnova
12/05/2022
Veinte mil leguas de viaje submarino
Os días 28 de novembro e 5 de decembro comezamos coas primeiras actividades do club de lectura nos grupos de 1º ESO. Reunímonos co alumnado de 1º A e B na biblioteca despois do xantar, para ler e debater sobre distintos aspectos dunha das obras literarias máis coñecidas de Julio Verne, "Veinte mil leguas de viaje submarino".
11/02/2022
Buscando a Alaska
Esta semana poñemos en marcha o club de lectura de 4º ESO coa novela xuvenil de John Green Buscando a Alaska. Os alumnos e alumnas do IES Illa de Ons (Bueu) e do IES A Paralaia (Moaña) participarán nunha serie de actividades programadas para o encontro que terá lugar o vindeiro luns 7 de novembro en Bueu.
5/18/2022
Violencia de xénero, suicidio e saúde mental
Para rematar coas actividades do Club de Lectura deste curso académico, fixemos unha selección de lecturas de temática socialmente comprometida, coa idea de traballalas nos distintos grupos. A finais de trimestre estableceremos diferentes debates para analizar como foron abordados polos autores e autoras o tema da saúde mental, o suicidio ou a violencia de xénero.
4/07/2022
O luns tivo lugar na biblioteca do noso centro un encontro literario dos grupos de 4º ESO con Eva Mejuto. Tras unha breve presentación do seu traballo xeral como escritora, a autora expuxo as súas motivacións para crear o relato de “Matilde”, premiado no XI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares. Eva explicou como se desenvolveu o seu traballo de investigación sobre a figura da mestra Matilde Bares, que exerceu a docencia entre finais do século XIX e principios do XX nunha escola situada no barrio de Banda do Río na nosa localidade.
Durante o encontro, Eva Mejuto preguntou ao alumnado se coñecía a existencia desta muller e do seu importante labor educativo, non só no ámbito escolar senón tamén polo seu grande compromiso social, xa que polas tardes ensinaba a ler, a escribir, matemáticas básicas… aos veciños do pobo que decidían emigrar, co obxectivo de que tivesen unha formación mínima para ser capaces de saír adiante na súa nova vida. A autora animou ao alumnado a opinar e debater sobre varios temas que se tratan no libro, como a violencia silenciada que se exercía sobre as mulleres, o problema do analfabetismo, a situación social da época e a necesidade de emigrar. Tamén falou dos distintos personaxes que aparecen no libro, algúns deles reais, e a súa importancia no desenvolvemento do relato. Finalmente comentáronse as imaxes creadas por Bea Gregores para ilustrar “Matilde” e a súa importancia á hora de transmitir sentimentos utilizando distintos recursos visuais.
4/02/2022
Sonia Mirón visita o IES Illa de Ons
A semana pasada visitou o noso centro a escritora Sonia Mirón, autora do libro Mi corazón en una caja de zapatos. O alumnado de 3º ESO asistiu a este encontro no que a autora explicou distintos aspectos desta obra e das súas outras novelas xuvenís, Si tú quieres y Un sol dentro de mí.
Os rapaces e rapazas que leron neste trimestre Mi corazón en una caja de zapatos fixéronlle distintas preguntas sobre o seu traballo como escritora, como cando empezou e escribir e que lle animou a facelo, en que ou quen se inspira para crear as historias e os personaxes, canto tempo lle leva escribir unha novela, se está a traballar xa na súa seguinte obra...
3/16/2022
O segredo de Al´eume
Os alumnos e alumnas de 1º da ESO inscritos no Club de Lectura leron este trimestre O segredo de Al’eume, de Pilar Ortega Pereiro, obra gañadora no IV Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Nunha xuntanza organizada a semana pasada na biblioteca, compartiron coa autora as súas opinións sobre este entretido libro e o alumnado do club aproveitou para facerlle preguntas acerca dalgunhas das historias e personaxes que aparecen nel, ademais doutras curiosidades sobre a súa actividade como escritora.
2/02/2022
Medo e Ben
Despois de ler o curso pasado as novelas de Care Santos Mentira e Verdade, este trimestre en 3º ESO decidimos completar a triloxía e compramos algúns exemplares de Medo. Aínda non rematamos coa lectura e algúns xa está pedindo continuar con Ben, a precuela desta saga.