A seguinte
obra, que ademais de ler escoitaremos, será o libro-CD Cantos que veñen de lonxe de Xosé Neira Vilas. Trátase dunha
recompilación de doce poemas, escritos por Xosé Neira Vilas e musicados en 1960 en Montevideo polo
tenor celanovés Xervasio Vázquez, e que nesta ocasión son interpretados polo tenor Cesáreo Torres acompañado ao piano por Alejo Amoedo.
O autor de Memorias dun neno labrego centrou as súas obras no mundo rural de Galicia e na emigración, na que tantos anos pasou. Como el mesmo escribiu "Estes versos conteñen desacougos, saudade, ansias reivindicativas, amor á patria afastada. Escribinos cando levaba sete anos emigrado, e fixéronse canto da man doutro emigrante".
Como actividade complementaria á lectura desta obra e da novela gráfica Emigrantes de Shaun Tan, que traballaremos en 2º ESO, organizaremos unha saída didáctica a Celanova, terra de Curros Enríquez, outra figura da emigración galega.
Nenhum comentário:
Postar um comentário